A Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo destinará 350.000 euros á restauración do Pórtico do Paraíso e da Capela de San Xoán da Catedral de Ourense. No primeiro, recuperaranse as pinturas dos murais, que datan do século XVII mentres que na Capela, recuperarase o retablo e eliminaranse humidades.
Os traballos comezarán en breve e espérase que estean rematados para o Ano Santo 2010, cando se prevé a chegada a Galicia de arredor de 10 millóns de visitantes. Nese sentido, espérase que moitos deles se acheguen a Ourense e coñezan a súa catedral.