A aldea de Couso-Galán, situada no concello ourensán de Sarreaus, investirá medio millón de euros nunha serie de melloras que ampliarán a súa oferta de servizos. Entre as obras previstas destaca a construción dun spa, cun custo que se aproximará aos 200.000 euros. Os propietarios están estudando a posibilidade de contar con auga termal (máis de 20 graos) aínda que o spa irá adiante aínda que finalmente non a atopen.
A aldea abandonada de Couso foi reconstruída por completo e inaugurada o pasado verán e, hoxe por hoxe, é un dos recursos turísticos máis importantes da zona.
A aldea abandonada de Couso foi reconstruída por completo e inaugurada o pasado verán e, hoxe por hoxe, é un dos recursos turísticos máis importantes da zona.