O Goberno rexeita un proxecto vinícola en Rías Baixas e Portugal

O Ministerio de Economía e Facenda vén de comunicar ao Concello de Cambados a denegación da axuda para o proxecto europeo “Vilas do Viño Galicia-Norte de Portugal”, no que a vila arousana era xefe de filas. A iniciativa prevía un investimento total cercano aos 2,5 millóns de euros e contemplaba accións no Salnés, no Rosal e nas localidades portuguesas de Ponte de Lima e Monçao.

As principais actuacións que se ían desenvolver consisten na creación dunha norma para a catalogación da rede temática “Vilas do Viño”, que contribuíra a xerar a marca de calidade do mesmo nome e que actuaría como dinamizadora tanto na ordenación como na promoción dos territorios.