O traballo do grupo de Xenética e Mellora do Millo, da Misión Biolóxica de Galicia, permitiu que unha modalidade deste cereal que se cultivaba no século pasado no concello pontevedrés de Ribadumia entre a formar parte do Rexistro de Variedades Comerciais do Ministerio de Medio Ambiente, no que xa estaban outras catro variedades galegas autóctonas.
O millo que se cultivaba ata os anos oitenta neste municipio pontevedrés tiña unhas particularidades específicas que o facían diferente ao que se cultivaba no entorno. Era un millo de gran branco que se recollía tarde, avanzado o mes de outubro.