PIO, o Proxecto de Inversión Ornitolóxica de O Grove, que conta co apoio da Xunta de Galicia, estará presente ata o un de marzo na IV Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico que se celebra na localidade extremeña de Vilarreal de San Carlos, en pleno corazón do Parque Nacional de Monfragüe. Nesta feira daranse cita empresas relacionadas co ecoturismo e expertos en ornitoloxía e observación de aves, aspectos que quere potenciar o proxecto PIO.
No evento, repartiranse máis de 5.000 elementos divulgativos nos que se informa sobre o proxecto PIO e sobre a oferta hostaleira de O Grove.
No evento, repartiranse máis de 5.000 elementos divulgativos nos que se informa sobre o proxecto PIO e sobre a oferta hostaleira de O Grove.