O aeroporto vigués de Peinador aumentará, a finais de marzo, a frecuencia de vóos con Barajas, ata acadar os 20 diarios (10 de ida e 10 de volta), xa que Air Europa, que ata o de agora tiña tres frecuencias, aumentará unha máis. Iberia mantén as doce que ten a diario coa capital do Estado (6 de ida e 6 de volta). Na liña Vigo Barcelona tamén podería haber algún cambio, aínda que non é oficial. Spanair opera con dúas frecuencias diarias de luns a venres e unha os fins de semana (24 vóos á semana).
Clickair, que reanudará a ruta Vigo-Londres a partir do 29 de marzo, realiza na actualidade unha frecuencia con El Prat, se ben podría engadir outra.
Mentras, Ryanair unirá Santiago con Alicante, con tres elances á semana, a partir de xullo. Para celebralo, a aeroliña regalará un millón de pasaxes se a reserva se fai antes do 1 de marzo.