A Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra este venres a cata de calificación da colleita de 2008, que terá lugar na igrexa de Santo Estevo de Ribas do Miño, no concello de O Saviñao. A recollida de mostras realizouse entre o 18 e o 24 de febreiro e en total recolléronse dez mostras, dúas por subzona.
Participarán no panel de cata, entre outros, José Serrano, do Ministerio de Agricultura; Luis Díaz e Bartolomé Sánchez, xornalistas e Alfonso Losada, xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura de Leiro. Os tres últimos anos, a colleita foi considerada “moi boa”.
Precisamente, os viños desta denominación foron protagonistas dunha cata de expertos británicos, solicitada por Giles Cooke, director de Compras e Desenvolvemento de Alliance Wine. Os catadores aseguran que Ribeira Sacra non é unha denominación coñecida no estranxeiro pero que, precisamente, eles están á procura de viños singulares, nos que se detecte o clima, o terroir e as variedades autóctonas. Un dos detonantes da visita foi o traballo do enólogo Raúl Pérez que traballa con varias adegas da Ribeira Sacra e que conseguiu repercusión no Reino Unido.