Sabores do mar en Esposende

A vila mariñeira portuguesa de Esposende, situada ao sur de Viana do Castelo, pon en marcha, a partir deste domingo, a X edición de “Março con sabores do mar”, unha iniciativa da Cámara Municipal á que están adheridos 25 restaurantes que ofrecerán ao longo destes 30 días pratos baseados na despensa mariña, tanto peixes como mariscos. A proposta, que foi presentada onte en Vigo, arranca cos Fins de Semana Gatronómicos, que teñen como principais condumios o Arroz de lampreia e as Clarinhas de Fão.

Dentro desta oferta específica destaca o I Concurso Gastronómico “Jovem Coziñeiro dos Sabores do Mar”, no que participarán alumnos da Escola Profesional de Esposende, e o II Concurso Gastronómico “Março con sabores do Mar”, no que concurren os restaurantes adheridos á iniciativa.

Todos aqueles que desexen aproveitar a ocasión para facer unha escapadita a Esposende poden entrar na web www.visitesposende.com e facerse conbonos de desconto de ata o 10% tanto para os restaurantes como par o aloxamento nos hoteis deste concello.