Sidra asturiana si, pero con mazá galega

Ninguén dubida de que a sidra é a bebida asturiana por excelencia pero, na actualidade, moi pouca se fai con mazás cultivadas nesa comunidade. Segundo datos da Sociedad Asturiana de Estudios Económicos e Industriales, máis do 38% da materia prima empregada foi traída de fóra da rexión.

Dentro do territorio español, as comunidades de Galicia e o País Vasco lévanse a palma. En Galicia, de feito, a produción de mazá viviu un notable despegue nos últimos anos e é moi habitual ver camións cargados de mazás galegas cruzando o río Eo. En canto ás importacións doutros países, destacan as de Francia, República Checa, Polonia, Eslovenia ou Inglaterra.