Baixo a denominación "Turismo Mariñeiro en Terras de Pontevedra" iníciase no Pazo de Congresos un plan dinamizador que terá como obxectivo o aproveitamento das actividades pesqueiras e de marisqueo tradicionais e a súa cultura para crear unha novidosa oferta turística que está acadando ampla aceptación por parte dos clientes.
Nas próximas semanas, Terras de Pontevedra desenvolverá diferentes seminarios co obxecto de animar ás empresas do sector (confrarías, lonxas, asociacións marisqueiras, clubs náuticos, embarcacións tradicionais, restaurantes, hoteis, casas rurais, etc.) a participar neses talleres que estarán dirixidos por técnicos especializados.
Coa posta en marcha deste traballo, Terras de Pontevedra pretende acadar dous obxectivos: o deseño de proxectos piloto que permitan pór en marcha as primeiras experiencias de Turismo Mariñeiro e definir o Plan de Acción que recolla os aspectos necesarios para configurar nos próximos meses e anos unha oferta de turismo mariñeiro sólida.