A Axencia Galega do Desenvolmento Rural da Consellería de Medio Rural leva a cabo unhas xornadas sobre a integración do turismo rural na sociedade da información co obxectivo final de obter un produto adaptado ás necesidades de cada casa de turismo rural e empresa de turismo activo de Galicia que estean inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia.
As xornadas comezan hoxe, día 18 de febreiro, no centro comarcal de Terra de Caldelas; o xoves, 19, a reunión terá lugar no centro comarcal de O Carballiño e tamén no centro comarcal da Paradanta; o venres, día 20, as xornadas trasladaranse ao centro comarcal de Becerreá e á Mariña Occidental; o mércores día 25, nos centros comarcais de Bergantiños e o de Melide; a última xornada informativa celebrarase o vernes, día 26, nos centros comarcais de Tabeirós-Terra de Montes e no do Salnés.