Máis dun cento de profesionais relacionados co mundo do viño e da gastronomía visitaron o stand que o C.R.D.O. Ribeiro dispuxo na feira asturiana Salenor, o Salón da Alimentación e o Equipamento do Norte, interesados en probar e saber máis dos novos ribeiros. No transcurso do evento, Andrés Proensa realizou unha cata comentada dos viños do Ribeiro que estaban presentes na feira, acto que contou cunha alta participación.
Estiveron no stand do Consello Regulador as adegas Emilio Rojo, Terra Minei, Manuel Formigo, Casal de Paula, Coto de Gomariz e Vitivinícola do Ribeiro.
Estiveron no stand do Consello Regulador as adegas Emilio Rojo, Terra Minei, Manuel Formigo, Casal de Paula, Coto de Gomariz e Vitivinícola do Ribeiro.