A cidade olívica acollerá, do 5 ao 8 de marzo, a sexta edición de Vigo Nau e un dos seus atractivos será a chegada do patrulleiro “Tabarca” que realizará bautismos de mar. Ademais, está prevista a presenza da goleta “Giralda” que poderá ser visitada polo público nas instalacións portuarias da cidade. Estas dúas actividades estarán organizadas pola Armada e con elas trátase de achegar a toda a cidadanía dúas embarcacións realmente emblemáticas.
Xunto ás actividades previstas na ría, a Armada tamén contará cun stand propio no Ifevi, no que amosará as posibilidades que ofrece de emprego e formación. En total, o certame contará coa participación duns sesenta expositores, que ofrecerán ao visitante unha visión completa da oferta náutica, tanto no que se refire ás embarcacións como a servizos e complementos.