Vilagarcía quere crear unha marca de calidade para as súas praias

O Concello de Vilagarcía ten previsto levar adiante unha serie de iniciativas de cara a mellorar as infraestruturas dos areais do municipio, entre outras, crear unha marca de calidade que dea a coñecer aos veciños e aos turistas todas as posibilidades que ofrece a cidade, tanto dende o punto de vista lúdico como medioambiental. Para elo, entre outras actuacións, prevese recuperar o Balneario da Praia Compostela, rexenerar os areais e reformar as súas infraestruturas.

A intención final de todas estas iniciativas é recuperar o antes posible a Bandeira Azul e lograr que a cidade volva ter peso nos mapas turísticos das Rías Baixas.