Unha delegación de empresarios e institucións relacionadas co turismo e coa artesanía do norte de Escocia visitaron Galicia na procura de exemplos para dinamizar o rural a través do turismo, do comercio e da artesanía. Esta iniciativa está impulsada por 'Scottish Enterprise', unha axencia pública dedicada ao fomento do desenvolvemento económico de Escocia, a través do Centro Moffat da universidade de Glasgow.
A delegación escocesa mostrou "especial interese" no funcionamento da marca 'Artesanía de Galicia' como ferramenta para identificar os produtos artesanais de calidade no mercado, así como nas ordes de axuda que convoca a Consellería de Innovación para talleres e asociacións profesionais de artesáns. Os representantes da delegación escocesa interesáronse, tamén, pola situación da artesanía como sector económico, patrimonial e cultural, así como a súa importancia na reactivación de zonas rurais, como na que eles desenvolven o seu traballo.