O italiano Natale Scarpa, da pizzería Vesubio, en Cangas, proclamouse gañador da primeira edición do concurso ibérico de pizzas, que se celebrou no marco da sexta edición do salón da Panadería, Pastelaría e Industrias Afíns, SIPPA, que finalizou este luns en Vigo. Scarpa foi o vencedor absoluto, ao sumar máis puntos nas dúas categorías que se disputaron: margarida e libre. O premiado recibiu, ademais do diploma, un maletín profesional con catorce pezas valorado en 900 euros.
O xurado estivo presidido polo tamén italiano Alessandro Negrini, campión de Europa e dúas veces gañador de Italia desta especialidade. Esta é a primeira vez que este concurso se celebra en Galicia.
O xurado estivo presidido polo tamén italiano Alessandro Negrini, campión de Europa e dúas veces gañador de Italia desta especialidade. Esta é a primeira vez que este concurso se celebra en Galicia.