A novo edificio do Museo de Pontevedra acolleu o VI Foro de Turismo Rías Baixas que debatiu sobre o tema “Novas Tecnoloxías aplicadas ao turismo. Redes sociais e Travel 2.0”. Preto de 200 persoas participaron na xornada, entre representantes de institucións públicas, responsables de turismo dos concellos, directores de asociacións turísticas e responsables de hoteis, portos deportivos e demais centros turísticos.
Púxose de manifesto que o uso de internet e, sobre todo, as redes sociais, é unha excelente oportunidade para as empresas do sector turístico. Os catro poñentes coincidiron, ademais, en que a audiencia está hoxe en internet, non nas grandes cadeas televisivas ou medios de comunicación. Así mesmo, apuntaron que para sobrevivir na situación actual de crise económica as empresas deben traballar na especialización e na diferenciación para seren competitivas e sobrevivir.
A propia entidade organizadora, Turismo Rías Baixas, aposta polas novas tecnoloxías, cada vez máis presentes neste sector, e así o puxo de manifesto sendo pioneiro na posta en marcha da web www.riasbaixas.org, así como na retransmisión de eventos en directo a través de Internet. O ano pasado visitaron a web da entidade máis de 323.000 persoas que consultaron un total de 3 millóns de páxinas.