Catro navieiras poderán realizar viaxes a Cíes por Semana Santa

Parques Nacionais vén de autorizar a catro navieiras a realización de viaxes a Cíes por Semana Santa aínda que, polo momento, só Mar de Ons ten fixadas as frecuecias e o prezo da viaxe. Ata o de agora, só esta navieira realizaba estes transportes e, debido á competencia, decidiu baixar un euro o prezo da viaxe.

Así, o custo da viaxe de ida e volta dende Vigo é de 17,50 euros e de balde para os nenos menores de doce anos. En canto ás frecuencias, haberá saídas dende a cidade olívica ás 10.30, 12.30, 16.30 e 18.30 horas e regreso ás 13.30, 17.30 e 19.30 horas.

Mar de Ons poderá levar a 1.350 viaxeiros mentres que as outras tres navieiras autorizadas, só 200 cada unha.