Oito estudantes do Máster en Turismo da Universidade de Vigo compilaron nun libro as súas achegas e diagnoses sobre o sector en Galicia. O estudo e a investigación sobre a promoción, a comercialización e a profesionalización do sector turístico pretenden contribuir a orientar aos xestores para executar medidas axustadas á realidade galega e mellorar a calidade dos destinos.
Composto por oito artigos elaborados polos ex alumnos Laura Benavente, Lydia Blanco, Pedro Giráldez, Mª Nieves Losada, Almudena Orjales, Paula Pérez, Juan Pernas e Alexandra Seara, nesta publicación analízase a situación turística de Galicia expoñendo as súas fortalezas e debilidades e facendo achegas de cara ao futuro. Entre os artigos atópanse propostas como “o turismo literario e o deseño de paquetes termais” e estúdanse as novas necesidades do rural en Galicia e a situación actual das oficinas de turismo. Ademais tamén se presentan como posibles destinos o Couto Mixto, o Val de Monterrei ou os parques periurbanos de Galicia como é o caso do Bosque Encantado situado en Cangas. Tamén se destaca “a importancia dos recursos humanos para ofrecer un servizo profesional e de calidade”.