O IES Manuel Antonio rendiu unha sentida homenaxe ao hostaleiro Carlos Lemos pola súa exitosa traxectoria concedéndolle o III Premio Manuel Antonio de Turismo e Hostalería. Na elaboración do menú da comida na que se lle rendiu a homenaxe, na que participaron membros da comunidade educativa e destacados representantes do sector hostaleiro pontevedrés, e que estivo presidida polo director xeral de Formación Profesional, Antonio Vázquez, participaron alumnos do ciclo de Cociña do Manuel Antonio e dous ex alumnos do centro que, no seu día, realizaron prácticas con Lemos. Trátase de Pablo Collazo, actualmente no Hotel Sanxenxo, e Pablo Sobrino, que acaba de chegar do Abac de Barcelona. O homenaxeado non puido ocultar a súa emoción polo recoñecemento recibido.
Carlos Lemos emigrou a Lisboa sendo un neno e ben cedo comezou a traballar no sector da hostalería, nos mellores establecementos da capital lusa. Con 23 anos estableceuse como propietario do restaurante Don Pepe de Estoril. Xa de volta en Galicia, á fronte de Las Bridas, participou en varias feiras internacionais representando a Vigo e a Galicia, que o levaron a cidades como San Petersburgo, Portoalegre ou Turín. Tamén foi presidente da Asociación de Hostaleiros de Vigo e do Padroado Rías Baixas. Asimesmo, promoveu instalacións hostaleiras como o Convento de Vilavella ou o Castelo de Soutomaior.