Un equipo de investigadores do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago (USC) traballa nun proxecto destinado á mellora xenética e sanitaria do rodaballo, co fin de poñer freo á "elevada" mortalidade que rexistran as granxas mariñas galegas. Pretenden desenvolver vacinas "máis eficaces" que as existentes no mercado.
Segundo explica o profesor Manuel Lemos Ramos, do grupo de Patoloxía na Acuicultura da USC, o obxectivo é "mellorar a produtividade do rodaballo, xa que é a especie acuícola máis importante en Galicia dende o punto de vista económico", co que os elevados índices de mortandade implican "importantes perdas" para o sector. Para a realización destes estudos, o equipo dispón de mostras de peixes que lles remiten diversas piscifactorías, froito dun acordo co Clúster da Acuicultura de Galicia.