O Gran Hotel Hesperia La Toja recibiu o prestixioso Premio Condé Nast Traveler ao mellor Spa de España. O director xeral do establecemento, Ramón Braña, foi o encargado de recoller o galardón de mans do xornalista Josemi Rodríguez-Sieiro, habitual deste establecemento. Braña deu as grazas en nome de toda a cadea Hesperia e do persoal do Gran Hotel.
A revista Condé Nast Traveler está considerada como a mellor publicación do mundo de viaxes. A importancia do premio recibido polo Gran Hotel é maior ao coñecer que competía con establecementos da talla do Dolce Sitges de Barcelona ou Le Meridien Ra de Tarragona. A entrega de premios celebrouse en Madrid e contou coa presenza de rostros coñecidos como Alaska, Los Secretos, Martina Klein ou Mercedes Milá.