A Feira do Mel de O Porriño (Pontevedra) celebrou esta fin de semana a súa vixésimo primera edición cun gran éxito de público, a pesar de que a produción deste ano é escasa. Moitos destes visitantes achegáronse a algunha das múltiples conferencias que se celebraron xunto cos actos gastronómicos. Os asistentes puideron degustar diferentes variedades de mel, e coñecer receitas suculentas elaboradas a partir deste produto.