O concello pontevedrés de As Neves acollerá, o vindeiro 10 de abril, a décimo oitava edición da Feira do Requesón e do Mel, unha doce proposta para o Venres Santo. Os actos abriranse en torno ás 10.30 horas con pasarrúas a cargo de varias agrupacións musicais. A degustación dos dous produtos homenaxeados comezará ás 12.00 horas mentres que unha hora despois terá lugar a lectura do pregón a cargo de Mari Carmen Núñez, presidenta da asociación de mulleres rurais Chan dos Casteliños.
Pola tarde, haberá actividades para nenos e reeditarase a degustación, desta volta acompañando o requesón con viño de Rubiós. Os actos están organizados polo Concello, a Deputación e a Cooperativa Condado-Paradanta.