Esta fin de semana quedou inaugurado oficialmente o proxecto Camiños do Deza, a través dunha ruta de sendeirismo na que participaron xinetes, ciclistas e camiñantes. A iniciativa correspondeu á asociación Cabaleiros do Deza e trátase da primera rede de camiños concebida no ámbito nacional para ser cuberta tanto a cabalo como a pé ou en bicicleta de montaña.
A intención desta iniciativa é dinamizar social e economicamente esta zona do interior pontevedrés, así como valorizar a paisaxe e favorecer a práctica de deportes relacionados directamente coa natureza. A área intervida abarca uns 30 kilómetros cadrados e concéntrase, fundamentalmente, no municipio de Lalín.