Mañá, sábado, concluie na vila ourensá de Verín a tradicional Feira do San Lázaro e o II Certame Gastronómico “Vila de Verín”. Este evento comprende a realización dunha serie de actividades lúdico-culturais que transcorrerán en varias localizacións e o converterán nun acontecemento para todos os públicos.
O Pavillón acolle a feira, con espazos temáticos para as denominacións de orixe galegas ou a artesanía. Tamén haberá un recuncho gastronómico con, entre outras iniciativas, un “Bar de Augas da Eurocidade”. Así mesmo, proporase aos bares e restaurantes que colaboraron na iniciativa “Un río de tapas”, que as volvan elaborar para esta data.
Igualmente, tamén no pavillón, celebrarase o segundo concurso Cigarrón de Verín, aberto a alumnos das escolas de hostalería, profesionais e afeccionados. Poderán presentar pratos principais, maridaxes ou sobremesas.