Galicia é unha festa esta fin de semana e son múltiples as opcións que se presentan para encher o noso tempo de ocio. Na parroquia de Ardemil, no concello coruñés de Ordes, celébrase unha edición máis (e xa van vinte) da Festa do Champiñón. A práctica totalidade dos establecementos hostaleiros da localidade ofrecerán gratuitamente tapas ou racións deste produto en empanada, ao allo ou con nata (especialidades máis recurrentes). Outra opción, tamén na provincia da Coruña, é achegarse ata a vila mariñeira de Noia, que celebra o multitudinario San Marcos.
Na provincia de Ourense, preséntase apetecible unha visita á Feira de Abril do Carballiño, que cumpre a súa segunda edición. Non faltarán os produtos típicos do sur de España, e tamén os produtos locais. Outra das citas gastronómicas da fin de semana é a Festa da Lamprea de Arbo, que se retransmite a través da web de Turismo Rías Baixas (para quen non poida ir). Tamén na provincia de Pontevedra, o municipio de Cercedo celebra a Festa do Xabarín, na que repartirá ata 1.600 kilos de produto. Tres restauradores do municipio serán os encargados de cociñar este prato típico da zona. Tamén esta fin de semana celébranse as festas de San Marcos en Corcubión e San Xurxo en Camariñas, entre outras.
E xa de cara aos vindeiros días, é preciso ir anotando citas como o Festival Internacional do Folclore Xuvenil de Ourense (28 de abril), a Festa da Raia de Portonovo (1, 2 e 3 de maio), a Festa da Filloa de Muimenta (1 de maio) ou a Festa da Xuventude de Bandeira (8 de maio), organizada por Amigos da Empanada.