A condición de Galicia como referente no sector dos produtos do mar verase reflectida esta semana no prestixioso certame European Seafood Exposition que se celebrará no recinto feiral do Parc des Expositions de Bruxelas e ao que se desprazará a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
No edificio 7 do recinto feiral localizarase o espazo dedicado á Xunta de Galicia, unha área de 1500 m2 de superficie que servirán de escaparate para 42 empresas galegas, convidadas como coexpositoras pola Administración galega. Así, da importancia do sector en Galicia darán conta 16 comercializadores de peixe ou marisco fresco, 30 do sector dos conxelados e 8 conserveiras. Entre elas nomes de recoñecida solvencia e traxectoria como Bateamar, Gropesca, Galician Mussels, Pescadona, Fesba ou Interatlantic. Galicia consolídase como a máis representativa por número de empresas e superficie expositiva de todo o pavillón de España, situado ao lado, entre outros, dos de Perú, Portugal, Tailandia, Chile ou Italia.