Gadis está trasladando aos sete campus galegos a campaña “Vivamos como galegos”, acción coa que pretende repartir un total de 2.700 tortillas. Catro amas de casa recrean dúas das escenas máis coñecidas desta campaña, nas que unha avoa recomenda ao seu neto: “Come neniño, que estás moi delgado”, e un mozo asegura que: “A mellor tortilla é a de miña nai”.
Esta peculiar acción desenvolveuse por vez primeira o ano pasado no campus de Elviña e o seu elevado éxito levou á cadea de supermercados galega a poñela en marcha este ano nos sete campus de Galicia. As tortillas que se reparten cumpren as normas de seguridade alimentaria e están envadas en recipientes apropiados.