As novas tecnoloxías chegan ás Illas Cíes, neste caso ao camping existente neste arquipélago. As persoas que desexen acampar naquela instalación poderán facer as reservas, a partir da vindera semana, a través de Internet, na páxina www.campingislascies.com. Lembrar que o camping Cíes abre de xeito continuado do 1 de xuño ao 30 de setembro.
Este sistema de reservas, que non exclúe aos tradicionais (teléfono e presencial na oficina da Estación da Ría), porá a disposición dos usuarios un máximo de 400 prazas ao día, dun total de 800. Por outra banda, Cíes será zona wifi (conexión inalámbrica con Intenet) moi probablemente esta temporada en toda a súa superficie para facilitar o acceso gratuito á rede a todos os seus visitantes.