O vindeiro seis de xuño celebrarase unha nova reunión da Irmandade dos Viños Galegos, desta volta no concello pontevedrés de Poio. O programa de actos inclúe unha visita ao Mosteiro de Poio e na Cociña Vella celebrarán unha cata de varios viños significativos da zona. No xantar, os asistentes degustarán peixes e mariscos como as afamadas ameixas de Campelo, vieiras e rapantes.