O Concello de Tui pretende sacar o máximo partido ao xacobeo 2010, para o que o alcalde desta localidade, a primeira en Galicia pola que entra o Camiño Portugués de Peregrinación a Santiago, considera fundamental adecentar a estética do entorno monumental. Neste senso, o rexedor Fernández Rocha anunciou a súa intención de solicitar ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, financiación para acometer a mellora do conxunto histórico tudense.
Entre as actuacións previstas polo alcalde destaca a súa intención de habilitar accesos para discapacitados, mellorar as canalizacións de servicios básicos e facilitar aos propietarios de vivendas no entorno histórico, que ocupa o cincuenta por cento da superficie da vila, poidan adecentar as fachadas das súas propiedades.