O Consello Sectorial de Turismo do Concello de Santiago reuniuse no Auditorio de Galicia para coñecer o avance do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago para o periodo 2009-2015, un documento que marcará o camiño a seguir nestes anos para o organismo. Nestes momentos, comenzan a elaborarse as principais liñas estratéxicas de cara a consolidar a Santiago como un destino turístico internacional de calidade. Para a súa elaboración, constituíronse sete grupos de expertos que trataron múltiples aspectos da realidade turística da cidade.
Na reunión tamén se creou unha comisión específica dentro do Consello para o Ano Santo, que tratará os temas que competen ao Concello de Santiago de cara ao evento, que son a correcta disposición na cidade de todos os servizos de acollida dos visitantes e os sistemas de información turística.