Verín e Chaves, máis unidas pola Ruta do Contrabando

O vindeiro 23 de maio desenvolverase a primeira Ruta do Contrabando coa presenza de veciños de Verín e Chaves, co obxectivo de estreitar lazos entre os cidadáns e fomentar o respecto á natureza. A iniciativa está organizada polos concellos de ambas localidades, dentro do proxecto da Eurocidade.

O percorrido iniciarase na parte española, concretamente na área recreativa da Cidadella, en Vilardevós, e concluirá na localidade portuguesa de Xixirei. A ruta ten unha distancia aproximada duns cinco kilómetros e desenvolverase a pé, aínda que haberá un autobús para trasladar aos participantes ata o lugar de partida. Ao final, os participantes poderán participar nunha comida gratuita de convivencia. A inscrición está aberta ata o vindeiro día 20.