Cooperativa do Ribeiro avanza as probas clasificatorias da Cata por Equipos Colección Costeira

A Cooperativa do Ribeiro continúa desenvolvendo as probas clasificatorias previas á gran final do concurso de Cata por Equipos Colección Costeira. Na ronda correspondente a Pontevedra e comarca clasificouse, na primeira posición, o grupo “Turno del Jueves”, formado na Taberna dos Avós de Pontevedra, que acudirá á final provincial que se celebrará en outubro e na que deberá enfrontarse ao gañador da ronda correspondente a Vigo e comarca. Na segunda posición clasificáronse “Os do Kiko”, de Cuntis, mentres que o Restaurante Lemos ocupou o terceiro lugar.

As probas clasificatorias continúan agora en Carballo, Santiago, Lugo e Ferrol. De cada unha delas sairán as dúas parellas que competirán na final por cada provincia. A elas sumaranse dúas parellas de Asturias e outras dúas de Madrid. A gran final terá lugar en decembro nas instalacións da Cooperativa do Ribeiro. O gañador levará como premio unha viaxe enolóxica polas zonas de Burdeos, La Rioja e O Ribeiro.