Manuel Gago recomenda no seu blog (Capítulo 0) un restaurante que acaba de abrir en O Grove (Pontevedra) e do que son responsables Javier Olleros e Amaranta Rodríguez. Trátase de Culler de Pau, que conta con dous meses de vida e que, segundo o blogueiro, é “unha das máis agradables sorpresas da temporada gastronómica en Galicia”. O establecemento, un edificio vangardista e moi minimalista –como o cualifica Gago- conta con oito mesas e dispón de grandes ventanais que se abren á ría de Arousa.
O menú é “contemporáneo, sinxelo” e o servizo “axústase como nun restaurante de anos de experiencia”. A cociña, de sinxelas raíces galegas, deixa ver “influencias e precisión nipona”. O menú degustación ten un prezo de 36 euros.