A Xunta de Galicia aposta pola potenciación dos deportes nos concellos ourensáns, especialmente os náuticos e de cara ó próximo ano Xacobeo. Segundo explicou o delegado da Xunta nesta provincia, Rogelio Martínez, o Goberno galego pretende “relanzar o complexo naútico de Castrelo de Miño”. De feito, está prevista a sinatura dun convenio entre o Clube Naútico de Castrelo de Miño, a Deputación-Inorde e a Xunta de Galicia para potenciar o deporte do remo.
En palabras de Rogelio Martínez: “pretendemos traer a estas instalacións únicas de mar interior probas deportivas nacionais e internacionais”.
En palabras de Rogelio Martínez: “pretendemos traer a estas instalacións únicas de mar interior probas deportivas nacionais e internacionais”.