O sector dos coellos en Galicia atravesa unha grave situación provocada por unha nova caída de prezos, cuns custos de produción que, pola contra, seguen subindo. Segundo advirte o Sindicato Labrego Galego, a caída do prezo foi de máis de 25 céntimos no último mes e medio.
“Isto está a provocar –segundo o SLG- que moitas granxas se estean prantexando botar o peche, xa que nos últimos tempos non fan máis que acumular débedas”. O sindicato alerta de que no conxunto do Estado pecharon ao redor do 40% no último ano.
De prolongarse esta situación –indica o SLG-, “non tardarán en chegar os embargos en moitos casos”.