A D.O. Ribeira Sacra continúa a súa campaña de divulgación que percorre as cidades galegas, en colaboración coa Deputación de Lugo. Esta fin de semana, o stand estará na Coruña e os días 3, 4 e 5 de xullo, na praza Maior de Ourense. As degustacións de viños teñen lugar os domingos, de 12.30 a 14.00 e a 19.00 a 20.30 horas.
E o día 5 de xullo, a D.O. Ribeira Sacra estará presente, cun stand propio, na XVIII edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea.
Neses días, os viños desta zona estarán tamén, como é habitual, no Concurso de Viños de Montaña de Aosta (Italia). Este ano participan trinta e catro mostras pertencentes a 22 adegas. A maioría, de viños tintos.