Organizado pola Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, e a
Dirección Xeral de Acción Social en colaboración coas asociacións de Turismo Rural de Galicia, desenvolveuse o programa “Galicia Natural”, unha iniciativa que tivo como finalidade fomentar o turismo rural da comunidade ofertando paquetes turísticos a persoas maiores que incluían aloxamento en casas rurais, pensión completa, transporte, visitas turísticas guiadas e actividades de animación sociocultural.
O programa favoreceu a visita a doce zonas da comunidade e un total de 96 casas de turismo rural. Este é o segundo ano que se leva a cabo esta iniciativa. Nesta ocasión, aumentouse o número de prazas ofertadas, con case 970 participantes repartidos en 12 grupos de 46 persoas.