A conselleira de Mar, Rosa Quíntana, destacou, na Festa do Percebe de Aguiño, que entre as medidas impulsadas polo seu departamento están a loita contra o furtivismo, as medidas encamiñadas a garantir a trazabilidade e potenciar a comercialización, sempre suxeitas a unha pesca sostible e respectuosa co medio ambiente. Unha estratexia que suporá unha garantía óptima para o futuro do sector galego.
Quíntana comprometeuse a apoiar tódalas iniciativas encamiñadas á diferenciación dos productos galegos para a mellor comercialización. A conselleira é partidaria de explotar as potencialidades de Galicia e de lanzar e consolidar Galicia como “marca de calidade” do percebe.