A sede da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo acolleu, por primeira vez tras catro anos, a reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, nacido en 1992. Trala reunión o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, e o presidente do Comité de Expertos, Paolo Caucci von Saucken, compareceron para explicar os acordos acadados para levar adiante de cara ao vindeiro Ano Santo Compostelán así como medidas que teñan continuidade no tempo unha vez transcorrido o Xacobeo 2010.
Deste xeito, a Consellería de Cultura e Turismo, asesorada polo Comité de Expertos, acordou pór en funcionamento un centro de investigacións sobre o culto e a cultura xacobeas que terá a súa sede en Compostela e que aglutinará o saber e a bibliografía existente sobre este eido.
O obxectivo do centro é potenciar a investigación e recompilar nun único punto de referencia todas as publicacións e artigos que teñan vinculación co fenómeno xacobeo e mais co Camiño de Santiago. A intención da consellería é que a Cidade da Cultura acolla o centro na súa biblioteca e que se creen outros proxectos de investigación a partir da súa constitución como pode ser unha base de datos de iconografía xacobea on-line.