O PPdeG insta á Xunta garantir a protección dos pazos como sinais de identidade galegos

O Grupo Parlamentario Popular presentou no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a elaborar un programa específico de protección dos pazos de Galicia e de posta en valor da cultura pacega. Na iniciativa, o voceiro de Cultura do PPdeG, Ignacio López-Chaves, insta tamén ao goberno autonómico a realizar unha convocatoria específica de axudas para a conservación e recuperación dos mesmos. “Como bens de gran valor histórico, artístico e social deben recibir unha protección especial que contribúa a súa defensa e conservación” indicou López-Chaves.

O Grupo Popular recorda que os pazos representan unha mostra non só do noso patrimonio arquitectónico e da nosa historia senón que tamén gardan nas súas fincas algúns dos mais importantes exemplos dos xardíns de Galicia, algúns deles incluso declarados Bens de Interese Cultural.