As filloas, a priori, é un postre que se asocia máis co Entroido pero en Arousa están dispostos a que as comamos tamén no verán. Se na recente edición de Albarousa (Vilagarcía) foron un dos pratos estrela, esta fin de semana toman o protagonismo na oitava edición da Festa da Filloa, que terá lugar no Terrón, en Vilanova de Arousa, este domingo.
Os que asistan poderán degustar, a prezos populares, filloas de todo tipo, dende as máis tradicionais ata as salgadas, de café, con estrugas, con mexillóns ou de chocolate. A festa comezará ás once da mañá.