A Asociación de Hostalería de Lugo intervén nas terrazas de Monforte

A Asociación Provincial de Hostalería de Lugo, que preside Cheché Real, intervirá no tema das multas a empresarios de Monforte por mor das terrazas. De feito, o propio Real mantivo unha xuntanza con hostaleiros da vila para coñecer de primeira man cal é a situación. A asociación deixou claro que non defenderá aos hostaleiros que se salten a legalidade, pero mediará para que se revisen as multas propostas a raíz das últimas inspeccións da Policía Local.

Real confirmou a La Voz de Galicia que solicitará unha entrevista co alcalde de Monforte para, entre outras cuestións, abordar a apertura dos expedientes sancionadores. “O ideal sería que se puidesen paralizar e que a cousa quede nun aviso para navegantes para que poidamos empezar de cero”, sinalou. Real pide certa “flexibilidade” na aplicación da ordenanza de terrazas porque “un cliente pode mover unha silla un metro para poder botar man da carteira”, matizou.