A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, visitou o entorno de Mina Mercedes, no concello pontevedrés de Valga, un lago artificial que o goberno local quere recuperar para fins turísticos e medioambientais, segundo recolle Diario de Arousa. De feito, o Concello de Valga encargou un estudo de viabilidade para soltar troitas e anguías e así poder facer un couto de pesca sen morte para nenos e persoas con discapacidade.
Mina Mercedes podería chegar a albergar a uns 1.000 exemplares, se ben polo momento só se pretenden soltar 500.
Mina Mercedes podería chegar a albergar a uns 1.000 exemplares, se ben polo momento só se pretenden soltar 500.