A Xunta considera que o proxecto de construción dun tren de alta velocidade que vertebre toda a cornixa cantábrica é un obxectivo “irrenunciable” para Galicia, se ben os seus veciños do norte non pensan o mesmo. Mentres Cantabria deixou claro que a súa prioridade actual é a conexión co País Vasco, Asturias non se pronuncia aínda que deixa entrever que lle interesa máis o Feve.
O propio ministro de Fomento, como recolle Faro de Vigo, recoñeceu que non considera prioritaria unha liña de alta velocidade polo Cantábrico, e avogou por electrificar e incluso desdobrar a vía do Feve que discorre actualmente entre A Coruña e Santander. Esta opción sería máis viable e menos custosa, tamén dende o punto de vista ambiental. O certo é que, a estas alturas, as comunicacións entre Galicia e as outras comunidades cantábricas son infinitamente mellorables.