O entorno da ermida da Lanzada acollerá esta fin de semana a tradicional romaría na honra da virxe. Os festexos comezarán este venres coa celebración dunha verbena, que se repetirá as noites do sábado e do domingo. Sen embargo, os actos centrais terán lugar o domingo, con misas durante toda a xornada. O aspecto musical correrá a cargo dos Danzantes de Cobas e a agrupación Airiños da Lanzada, que actuarán o sábado e o domingo.