Galicia dará a coñecer o seu “know how” na World Fishing Exhibition que se celebra en Vigo do 16 ao 19 de setembro, como anunciou o presidente da Xunta. Así, a comunidade contará cun stand de máis de 800 metros cadrados nos que acollerá, como xa é tradicional nas edicións viguesas da WFE, os actos do Día de Galicia que terán lugar na xornada do xoves 17. Galicia compartirá espazo con países que tradicionalmente participaban este evento e con outros de nova incorporación, como Rusia, Malasia, India, China ou Turquía.
E no marco da WFE, este venres preséntase na cidade olívica a publicación “Vigo, ciudad viva. Ocio, cultura y gastronomía”, acto que estará presidido polo tenente de alcalde, Santiago Domínguez. Na elaboración do libro participaron, entre outros, o catedrático Xesús Alonso Montero, o músico Carlos Núñez, o cociñeiro membro do Grupo Nove Marcelo Tejedor, o adegueiro José María Fonseca Moretón ou os xornalistas membros de Agaxet Carmen Parada, Soledad Antón e Fernando Franco.