O concelleiro de Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias, considera que o Goberno autonómico está “expropiando” o traballo de Compostela coas liñas de baixo custo. Así o declarou nunha entrevista concedida a Radio Voz. “Estamos moi preocupados polas negociacións entre as compañías aéreas e a Xunta”, matizou, sobre todo “con Ryanair”. Iglesias asegura que “a ineficacia nas negociacións provocou que a compañía irlandesa asentase a súa base no aeroporto de Porto”.
O edil de Turismo sinalou que a Xunta “está expropiando un papel ao aeroporto de Lavacolla, que este ano soubo manterse ao nivel dos aeroportos menos afectados pola crise, e segue rozando os dous millóns de pasaxeiros. Os agoiros non son nada alentadores”.